O partido do ano na comarca da Limia

O partido do ano na comarca da Limia
DAVID CARNERO Chega a derradeira xornada do campionato de liga, e na primeira división termínase cun só partido que decide o...

DAVID CARNERO

Chega a derradeira xornada do campionato de liga, e na primeira división termínase cun só partido que decide o campionato 2013/2014 que é o F.C.  BARCELONA-ATLETICO DE MADRID. , como na Limia non queríamos ser menos e salvando as distancias temos o noso particular partido derbi da tempada que enfrontará  o BOADO - ANTELA F.C. Un partido que non decidirá un título pero decide quén estará un ano máis na categoría de ouro do fútbol provincial, o partido a priori é un partido moi igualado para ambos equipos que se coñecen moi ben xa que o groso dos equipos compartiron vestiario nalgunha etapa da súa carreira deportiva.

O resultado final a día de hoxe e unha incógnita xa que ambos equipos teñen posibilidades de salvar categoría o final do partido, e hasta terían  a posibilidade de que se salvaran ambos conxuntos o remate do encontro, aínda que esta posibilidade e máis remota.

A 4ª praza de descenso dependerá moito do que faga o Ourense B no seu partido contra o Atios e tamén dos posibles ascensos de 3ª división a 2ªB.

O Ourense B ten un partido contra un rival directo pola praza de arrastre que se podería dar na preferente sur, neste partido o Ourense B parte como claro favorito para conseguir o punto necesario para afastarse desa praza de arrastre a 1ª rexional, polo que se o Ourense B consigue o seu obxectivo será un descenso menos na 1ª Autonómica.

Xa na primeira Autonómica é un pouco máis complicado xa que poderían darse moitos resultados que variarían moito as prazas de descenso, a única praza que está realmente decidida e a do S.C. de Arrabaldo co seu descenso a 2ªrexional.

Comezamos cas posibilidades do Antela:
  • Se o Antela  gaña, e Barbantes e Ramirás gañan os seus partidos o Antela ocuparía o posto de arrastre a 2ªrexional, polo que o Antela gañando o seu partido no caso menos malo ocuparía o 4ª posto por abaixo da clasificación.
  • Se o Antela empata debería de mirar os resultados do Vilariño e Barbantes , xa que si ambos gañan ,o Antela descendería a 2ª rexional.
  • Se o Antela perde, e Vilariño non gaña e Barbantes puntúa o Antela descendería a 2ª rexional.

 No caso do Boado ten un hándicap a hora de afrontar o partido xa que só lle vale a vitoria para salvar a categoría ,e unha vez conseguida deberían de mirar outros resultados:

  • Se gaña o Boado e gaña Vilariño e Barbantes,  Boado descendería.
  • Se gaña Boado e gaña Barbantes e Ramirás, ocuparía postos de arrastre.
  • Se gaña Boado e empatan Ramirás e  Vilariño ocuparía a 4ª praza por abaixo da clasificación.
  • Se gaña o Boado e perde Villariño e Barbantes habería un triplo empate a 34 puntos entre Antela, Barbantes e Boado.

Unha vez feito o pequeno resumen das posibilidades de ambos equipos desexar a ambos conxuntos sorte para o partido do domingo, e que unha vez se saiba o desenlace do partido se faga unha reflexión para a vindeira tempada.