O pavillón municipal de Xinzo volve á actividade este venres coa ximnasia rítmica

ximnsia
O pavillón municipal de Xinzo volve á actividade este venres coa ximnasia rítmica

Unha vez que rematou a limpeza xeral e encerado da pista central, o pavillón de Xinzo recupera a actividade e faino con ximnasia rítmica.

O venres e sábado terán lugar unhas xornadas de portas abertas previas ó comezo da tempada 2016/2017. A intención é que aquelas persoas que o desexen poidan entrar en contacto coa ximnasia rítmica e teñan oportunidade de entrar a formar parte do club E. D. C Xinzo.

O venres comezará a xornada ás 16h con clases para os pequenos de 7 a 9 anos, as 17h para os de 10 a 12 anos, ás 18h os de máis de 11. Os adultos teñen a súa xornada de portas abertas programada para as 19h con ximnasia estética.

O sábado as clases terán lugar pola mañá. A primeira dela ás 10.30h con ballet e a seguinte ás 11.30h con danza e expresión corporal para nenos e nenas.