30 de marzo de 2023, 17:45
Os representantes dos equipos que xogan no pavillón de deportes de Xinzo de Limia recibiron nestes últimos días nocións prácticas para coñecer o funcionamento dun novo videomarcador. A pantalla led ten unha dimensión de 3x2 e a súa instalación neste pavillón foi posible grazas a unha subvención da Xunta de Galicia solicitada polo A.B.Xinzo e á aportación económica do Concello. Os xogadores dos equipos de Fútbol Sala masculino e femenino, A.B. Xinzo e as E.D.C. Xinzo, máis de 200 persoas, beneficiaranse deste videomarcador.