As persoas amantes da bici de montaña teñen unha cita na "Parroira Bike" 2015

Presentación da VI Parroira-Bike
As persoas amantes da bici de montaña teñen unha cita na "Parroira Bike" 2015

O prazo para inscribirse remata o mércores

Un ano máis celébrase o roteiro BTT Parroira Bike no municipio de A Merca. Todas as persoas interesadas poden anotarse á cita deportiva ata o mércores 30 de setembro. A inscrición ten un custo de 9€ sen comida e de 19€ con comida, inclúe avituallamento, seguro, lavado de bicicletas, duchas e vestiario.

Hai dúas rutas para anotarse, unha curta de 37 km e outra longa de 48 km. O roteiro terá lugar o vindeiro domingo 4 de outubro. A saída será ás 9h da mañá dende o Polideportivo Municipal de A Merca.

Para anotarse poden acceder ó seguinte enlace https://docs.google.com/forms/d/1FMDe0EAZ97BSuB-322ZS15QPHRQHu6qvfkpDpLd159o/viewform?c=0&w=1, ou ben achegarse a Bicis Dacuña na praza de Mariñamansa en Ourense ou chamar ó 988 26 39 07. Polo momento xa hai máis de 500 persoas anotadas.

O roteiro está organizado pola Asociación de Ciclistas Endoureiros en colaboración coa Deputación de Ourense.