O Piñeira Seca estrea segunda equipación cunha homenaxe ós agricultores da Limia

p.seca
O Piñeira Seca estrea segunda equipación cunha homenaxe ós agricultores da Limia

O Piñeira Seca FC xoga este domingo na casa e queren facelo estreando equipación. Trátase dun modelo especial pois leva imaxes de patacas para "render unha homenaxe ós agricultores da comarca promocionando o cultivo por excelencia da Limia e facéndoo por toda a provincia de Ourense", sinalan dende o club.

O Piñeira Seca con esta nova equipación agarda coller forza e vencer o domingo ó CD Allariz, a partir das 16.15h.