O Piñeira Seca estrea victoria nesta tempada e faino fronte ó Antela

futbol
O Piñeira Seca estrea victoria nesta tempada e faino fronte ó Antela

O Boado e a Saínza perderon e o Vilar de Barrio empatou

Fixeron falta dez xornadas de liga para que o Piñeira Seca fixera un partido con bos resultados. Marcoulle dous goles a un Antela que arrastra tres derrotas consecutivas. O equipo local resolveu pronto o marcador e xa no final do partido o xogador antelano Vispo marcou un gol que deixou un resultado de 2-1. Deste xeito o Piñeira Seca suma tres puntos que aínda non lle chegan para sair do 18º posto. O Antela pola contra mantense no 15 con dez puntos.

Non tivo mellor sorte o ACD A Saínza que perdeu por 6-1 fronte o CD Seixalbo. Unha derrota por goleada que deixa o equipo da Saínza no posto 5º con 9 puntos.

Tampouco foi unha boa xornada de liga para o Boado FC que caeu na casa por 0-2 ante o Carballeira FC, manténdose así no posto 11 con 11 puntos.

O Vilar de Barrio sumou un punto no campo do CD Maceda B, cun resultado global de 1-1. Os de Barrio atópanse no posto 11 da clasificación e suman 2 puntos.