Piragüismo este fin de semana en Muiños

12252706
Piragüismo este fin de semana en Muiños
Segunda regata da Copa Diputación

O complexo turístico do Corgo, no Concello de Muíños, acollerá o domingo, día 27, a segunda regata da Copa Deputación de piragüismo. A proba, que comezará ás 11 horas no encoro das Conchas, reunirá a 113 piragüistas -68 nenos e 45 nenas- de ata 16 anos nas categorías incluídas no programa Xogade da Xunta de Galicia, é dicir, prebenxamín, benxamín, alevín, infantil e cadete.

Logo da primeira proba disputada en Barra de Miño (Coles), esta é a segunda das oito regatas que este ano se celebrarán na Copa Deputación, estando prevista para o 18 de xullo a terceira das competicións en Castrelo de Miño

Xinzo será este sabado a referencia do fútbol base ourensán xa que se disputarán no complexo deportivo " a moreira" as finais de fútbol 11 (infantil e cadete) e fútbol 8 .

os aforos son limitados para os equipos paricipantes quedando reservadas para os veciños de xinzo entradas para poder ir ver os partidos , estas entradas serán reservadas por riguroso orden de inscripción no correo deportesxinzodelimia@gmail.com. e así poder respetar os protocolos sanitarios .