Pontellas 0-Antela 1

Xogadores do Antela antes do comezo do partido
Pontellas 0-Antela 1

VICTORIA IMPORTANTÍSIMA DE CARA A PERMANENCIA

Partido moi intenso con varias ocasións máis de Tumbeiro e Poli na primeira parte chegando o gol de Poli que deu un pouco de tranquilidade aos antelanos. Tranquilidade que pronto se perdeu cando expulsan a Tiago Teixeira por dobre tarxeta.

Nese momento o Antela non tivo outra solución mais que pecharse no seu campo e defenderse como podía dos ataques dos locais que tiveron o balón o 90% do tempo.

VICTORIA IMPORTANTÍSIMA DE CARA A PERMANENCIA

Dende a semana pasada que o Antela perdeu na casa, todos os partidos que quedan son auténticas finais de permanencia. Co resultado de onte, os cálculos son que gañando un dos tres que quedan, a permanencia, obxectivo ao comezo da tempada, estaría cuberto.

UN AFECCIONADO DO PONTELLAS NON PUIDO CONTER OS NERVIOS

Ao final do partido un afeccionado do Pontellas, non puido conter os nervios e tivo que ser agarrado por varios compañeiros para que non houbera agresión as xogadores do Antela. Non conforme, foi ata a casa e apareceu no autobús que trasladaba ao Antela cunha motoserra eléctrica de podar ameazando. Ao final todo quedou en nada.