viernes. 02.12.2022
Porriño 1-Antela 1

Un positivo fora, nesta categoría é moi positivo

Campo en mal estado que dificultou o xogo vistoso.

Alineación do Antela contra o Verín (13.11.22)
Alineación do Antela contra o Verín (13.11.22)

A primeira parte rematou con empate sen goles. No comezo da segunda Charli avanza pola banda e devolve para tras o balón a Pedro Castro, conseguindo este o gol do Antela e adiantarse no partido.

Presión a partir dese momento por parte dos xogadores do Porriño con algunha que outra contra dos branquinegros, os cales daban como moi bo, como non podía ser doutra maneira o resultado.

Faltando tan solo 3 minutos para o remate o xogador nº 20 do Porriño cedeu un balón e marcaron o gol que lle deu o empate.

O empate para os de Antela ao final foi positivo aínda que vista a evolución do encontro trocouse un pouco amarga.

Nada que destacar en canto a xogadas conflitivas cun arbitraxe correcto.

Os mellores do Antela Fabio e Breixo.