Posta a punto das pistas polideportivas exteriores

Pista de fútbol sala e tenis
Posta a punto das pistas polideportivas exteriores

Tamén en breve poderase solicitar o uso mediante a app

Na semana pasada o concelleiro de deportes Rafa Penabad, explicou que en breve a solicitude de hora para practica deportiva, tanto de baloncesto, tenis, fútbol sala ou padel, poderase solicitar na app que recentemente se puxo en marcha para as piscinas.

ADECENTAMENTO E NOVOS MATERIAIS

Pista de baloncesto 2Pista de baloncesto 1Tamén durante os últimos quince dias as brigadas do concello estiveron a “darlle unha volta” as pistas exteriores con unha pintura da súa superficie, vistosa e efectiva a hora da práctica deportiva.

Tamén se cambiaron as tres canastras de baloncesto, co que as instalacións en canto aos materiais e adecentamento cambiaron bastantes, neste caso para ben.

A inversión tanto na pintura como nos materiais superou amplamente os 25.000 €.

Anunciou a alcaldesa no mesmo acto que agora tocaralle o ao interior do pavillón de deportes, que comezará en breve.