Poucos partidos da basket no fin de semana por mor da “ponte educativa”

Mini 2011. 1ª Div. Mini Masculino Galega
Poucos partidos da basket no fin de semana por mor da “ponte educativa”

Debut dos "mini" na Liga Galega

Debutaron os “mini” masculinos na liga galega trasladándose ata Vigo para disputar o seu primeiro partido nesta categoría. O encontro na primeira metade do tempo foi un pouco igualado, igualdade que se perdeu na segunda, non podendo traer a vitoria para Xinzo. Esta é a primeira experiencia nesta categoría e o que se pretende é afianzarse na mesma cos xogadores do 2011.

SEGUNDA VITORIA DOS INFANTÍS

O equipo de infantís desprazouse ata Allariz para disputar o seu partido de liga gañando a domicilio e conseguindo manterse invictos nos dous partido disputados.

VICTORIA CONTUNDENTE E TRABALLADA DOS SENIORS

Dúas semanas seguidas e outra vitoria máis dos xogadores do Sénior Masculino. “A priori” ía ser un partido moi disputado, non solo polo resultado, se non porque este equipo é co se disputará previsiblemente a clasificación para a segunda fase de ascenso. Toni Ladra fixo un bo prantexamento en defensa que logrou, con moitos acertos nos triplas polos seus xogadores ir sempre co marcador a favor é cómodo.

A semana que ven xa entran en competición os 14 equipos federados polo A.B. Xinzo.