Primeira vitoria do Antela na tempada 19/20, e fora da casa
00:24 16/09/19
00:24 16/09/19
Loñoá 1 Antela 4
Cómoda vitoria dos branquinegros na Carabina. Na primeira metade un gol de Joni na estratexia supuxo unha vantaxe pola mínima para chegar ó intervalo.
Na segunda os antelistas mostráronse moi superiores e a través de Xosé, un gol en propia do Loñoá e Pedro Castro leváronse os puntos. A tres minutos do final chegou o gol da honra dos locais dende o punto de penalti.
Tres primeiros puntos para o Antela que estivo acompañado por 30 afeccionados no partido de hoxe. Nesta semana chegarán dúas fichaxes máis