Primeiro partido de baloncesto da liga COROARCO 2021 en Xinzo

equipos A e B Benxamíns
Primeiro partido de baloncesto da liga COROARCO 2021 en Xinzo

Medidas estritas de seguridade para xogadores, equipo arbitral e público asistente

Moitas, moitas gañas tiña todo o mundo de comezar a disputar partidos, e ese día chegou. Esta mañá os xogadores e xogadoras chegaron ao campo, con moitos nervios, e con moito sono, posto que eses mesmos nervios non os deixaron durmir na noite.

Comenta Luis Miguel Gil, que xa no adestramento de onte os nervios estaban a 100, posto que aínda que mais ou menos durante o ano se foi adestrando, non é o mesmo que chegar ao partido, aínda que este poderíamo cualificar de “fratricida”, posto que se enfrontaban os dous equipos A e B da categoría de Benxamín.

instantáneas

Medidas estritas e regulamentarias

Ao público asistente tomóuselle a temperatura a entrada do pavillón e posteriormente a rociar as mans co líquido desinfectante, había que pasar pola alfombra dirixíronse a zona da grada indicada.

Os membros da mesa de anotadores estaban protexidos por unha mampara e os xogadores tiveron que facelo coa máscara posta. Todo un ritual que por desgracia teremos que ver máis a miúdo e que esperemos que pronto desapareza, polo ben do deporte, dos rapaces e de todos en xeral.