QUINTAIROS , novo fixaxe do Antela

IMG-20181004-WA0006
QUINTAIROS , novo fixaxe do Antela

Ten 25 anos e xoga no eixo da zaga

O central provén do Barbadás onde xogou varias tempadas en Terceira e onde se fixo como xogador, aínda que esta pretempada adestraba no Ourense CF. "A Preferente é unha categoría moi dura e ningún equipo se pode relaxar. Temos que ter presente os temidos arrastres"

O xogador xa fixo as súas primeiras manifestacións na conta de facebok do equipo: Veño ó Antela por varias razóns; por Moisés, pola simpatía que sempre tiven cara o club, porque son da comarca, polo carácter singular do equipo e porque vin un gran ambiente no vestiario. Coñezo a Limia e o que significa xogar no Antela. Se teño que dicir un lugar da Limia, quédome con Parada de Ribeira onde teño familia. Aínda que do que máis disfruto é do noso Entroido.

"Estou desexando defender da mellor forma posible a camisola do Antela nesta categoría e agardo que a afección veña animar todo o ano ao equipo, como xa fan sempre, tantos nas boas como nas malas, para acadar entre todos o obxectivo do club".