O Rally Ourense de Clásicos recalará en Xinzo

rallye_ourense_2014
O Rally Ourense de Clásicos recalará en Xinzo
O vindeiro sábado os 85 coches participantes recorrerán as rúas da vila nesta XX edición REDACCIÓN redac@dendealimia.com Twitter: @Dendealimia A XX edición do Rally...

O vindeiro sábado os 85 coches participantes recorrerán as rúas da vila nesta XX edición

REDACCIÓN redac@dendealimia.com Twitter: @Dendealimia A XX edición do Rally Ourense de Clásicos percorrerá o vindeiro sábado pouco antes das seis da tarde as rúas de Xinzo. Os seus 85 participantes, entre eles o máis lonxevo de todos, un Chevrolet de 1930, estacionaranse na praza Carlos Casares.

 Os pilotos chegarán á Limia logo de comezar a aventura mañá día seis de xuño na Praza do Bispo Cesáreo de Ourense ás 22:30. E despois de atravesar os concellos de Castro Caldelas, Esgos, Xinzo, Lobios, Celanova e Toén, o domingo, regresarán ao punto de partida para a entrega de premios, preto da unha do mediodía, despois de ter cuberto unha distancia de case 600 quilómetros.

E despois de contemplar o espectáculo automobilístico, contra as oito da tarde, as categorías inferiores do Antela F.C. celebrarán a súa festa de fin de tempada. No campo de fútbol J.A.F. Carrera, aproveitando a disputa do partido de volta do ascenso á Liga Galega Infantil entre os equipos Antela e Tyde; a directiva do club antelán organizará unha merenda-festa para os seus equipos base.

 Domingo de minibasquet

E xa o domingo, entre as 10.15 e as 19.30 horas aAsociación Baloncesto Xinzo e a Concellería de Deportes do Concello de Xinzo de Limia organizan o IV Vilas de Ourense de Mini Xinzo 2014. Este torneo de minibasquet reunirá a 22 equipos e a preto de 250 xogadores dos clubes de baloncesto C.B Allariz, M.V Barco, C.B Maside, E.D Maceda, Barbadás B.A, XUV. Verín, Ciudad de Ponferrada e o club anfitrión A.B Xinzo.