Como remate do campus de futbol que durou unha semana os 107 participantes trasladáronse onte pola mañá, en autobús e acompañados polos monitores,ás instalacións deportivas do Celta de Vigo en Balaidos, para alí ademais de visitar todas as dependencias incluída a sala de trofeos, recibir a última sesión de adestramento , esta vez da man de monitores da propia Fundación.
Unha das visitas máis impactantes foi a de presenciar a sala de prensa, tendo a oportunidade algúns deles de tomar asento no lugar que habitualmente ocupan o adestrador e xogadores do primeiro equipo, momento que recolle a instantánea.
Unha vez rematada a visita e chegados a Xinzo remataron o Campus do 2018, que contou con un número récord de participantes, nenos e nenas.