Reapertura das instalacións deportivas ao aire libre

Atletismo
Reapertura das instalacións deportivas ao aire libre

Retómanse, tamén, as competicións federadas autonómicas.

No tocante á práctica deportiva, o presidente da Xunta explicou que ao deporte individual ao aire libre que xa estaba permitido, engádense dúas novidades: a reapertura das instalacións deportivas ao aire libre para a práctica deportiva individual; e retómase, tamén, a competición federada autonómica.

VOLVE A ACTIVIDADE CULTURAL, CINES, TEATROS...

Feijóo anunciou que se volverá a permitir a actividade cultural coas seguintes limitacións: retomarase a actividade en bibliotecas, arquivos, museos, salas de exposicións e outros equipamentos culturais, cun 30% de capacidade máxima permitida; e tamén se retomarán as actividades en cines, teatros e auditorios, coa mesma limitación de aforo.

“Estas son as decisións que xa acabamos de adoptar”, dixo, subliñando que entrarán en vigor o mércores 17 de febreiro.