Récord de partidos de basket nun fin de semana

Júnior Masculino
Récord de partidos de basket nun fin de semana

En 48 h, 15 partidos, nove na casa e seis fora.

O sénior feminino tivo dous partidos no mesmo fin de semana, venres e domingo. O venres o partido aprazado en Ourense e o domingo contra o Allariz, partido que se aproveitou para a lectura do manifesto en contra da violencia machista en colaboración co CDR O Viso.

Vitoria xusta e escasa do sénior masculino en Allariz

O equipo sénior masculino nun partido moi apertado nos 40 minutos, logrou ao final a vitoria ante os rivais de Allariz, co cal as aspiracións a xogar a fase de ascenso despois do Nadal, seguen intactas.

Presentación da pancarta no partido de basket feminino
Presentación da pancarta no partido de basket feminino

Os júniors masculinos e femininos continúan invictos

Os dous equipos suman o número de vitorias por partidos xogados, catro e tres respectivamente, tendo tamén intactas as opcións de ascenso. Tamén seguen invictos os infantís masculino que venceron ao Verín na súa casa.

Os cadetes, masculinos e femininos foron a outra cara da moeda, perdendo tanto uns como as outras.

O pre-mini 2013 debutou nesta tempada cunha vitoria a domicilio na casa do Miraflores.