Remataron os campus Xinzo 2021

campus baloncesto
Remataron os campus Xinzo 2021

Máis dun cento de nenos e nenas, despedíronse dos campus de fútbol e baloncesto que organizou o Concello de Xinzo

Cun sorriso de orella a orella polos bos momentos vividos despedíronse hoxe máis dun cento de nenos e nenas dos campus de fútbol e baloncesto que organizou o Concello de Xinzo a través da concellería de Deportes. En concreto, foron 76 rapaces e rapazas participaron no primeiro, que se levou a cabo no campo de A Moreira, e 41 no de baloncesto, que tivo o pavillón como escenario. Moitos pequenos e pequenas, xa estaban desexando unirse ás próximas actividades que encherán o verán na vila, como o Campamento que comezará o luns. A alcaldesa, Elvira Lama, e o concelleiro de Deportes, Rafa Penabad, acompañaron aos nenos no seu último día de campus

campus fútbol