Remate dos Campus de Ximnasia e Fútbol e 2018

IMG_20180629_124355
Remate dos Campus de Ximnasia e Fútbol e 2018

Hoxe remataron os dous Campus organizados pola Concellería de Deportes, Educación e Xuventude e o club E. D. C. Xinzo.

IMG_20180629_123304Un ano máis, e xa van 5, o éxito de participación foi máximo, con máis 160 participantes; 107 no de fútbol, 42 no de Ximnasia e 12 monitores titulados

Hoxe as nenas e nenos do Campus de Ximnasia recibiron os diplomas acreditativos da man do Concelleiro e da Coordinadora Sandra Alén.Despois da entrega dos diplomas o campamento rematou co sorteo dos agasallos e para desconectar, visita con chapuzón nas piscinas exteriores.