martes 25/1/22

A competición de natación que tivo lugar o día 7 de marzo de 2015 saldouse cos seguintes resultados:

Para o Prebenxamín Feminino Costas (25m) a gañadora foi Paula Pérez cun tempo de 25,27. O segundo posto foi de Xiana Veloso (29) e o terceiro de Sandra Feijoo (31). No masculino a gañador do primeiro posto foi Lucas Martínez (29,05), seguido de Gabriel Suárez (29,74) e de Enrique Veloso (33,53).

No Alevín Feminino Costas (25m) o primeiro posto tocoulle a Aida Novoa cun tempo de 24.74. O segundo posto foi para Iria Vázquez (25.11) e o terceiro para Mónica Diz (31.14). Para o masculino o primeiro foi Juan Garrido (22.85), o segundo Alex Alonso (23.31) e o terceiro Álvaro Losada (23.62).

O Infantil Feminino Costas (50m) conta con Antía Rodríguez (38.13) que foi a gañadora da proba xunto con Gabriela Vázquez (44.3) e Rebeca Cabanelas (50.65).

Por outro lado, Efren Lama (40.33) foi a gañador do Cadete Masculino Costas xunto con Iván Martinez (45.97) e Yago Colmenero (47.17).

O Prebenxamín Feminino Crol conta para o primeiro posto con Paula Pérez (23.90), para o segundo con Sandra Feijoo (28.44) e para o terceiro con Xiana Veloso (28.83). Para o masculino: Enrique Veloso (27.76), Gabriel Suárez (28.22) e Bruno Atanes (29.38).

O Alevín Feminino Crol: Iria Vázquez (20.78), Aida Novoa (21.51) e Mónica Diz (26.33). O Masculino: Xavier Rodríguez (18.08), Álvaro Losada (19.32) e Juan Garrido (19.94).

No Infantil Feminino de Crol (50m) gañou o primeiro posto Antía Rodríguez (35.63), Ariana Veloso (42.76) e Gabriela Vázquez (43.58). No cadete masculino crol: Efrén Lama (33.23), Iván Martínez (36.76) e Yago Colmenero (47.46).

Prebenxamín Feminino Braza (25m): Paula Pérez (31.58), Sandra Feijoo (32.84) e Xiana Veloso (36.51).

Benxamín Feminino Braza (25m): Iría Vázquez (26.9), Aida Novoa (29.19) e Mónica Diz (31.96).

Alevín Masculino Braza (25m): Xabier Rodríguez (24.57), Yoel Martínez (26.2) e Anderson Arrojo (30.28).

Infantil Feminino Braza (25m): Antía Rodríguez (22.69), Nerea Quelle (25.86) e Rebeca Cabanelas (26.16).

E, por ultimo, o Cadete Masculino Braza (25m) entregou o primeiro posto a Yago Colmenero (25.8), o segundo a Efrén Lama (26.15) e o terceiro a Iván Martínez (27.19).

Comentarios