Resumo da xornada de liga

Resumo da xornada de liga

RICKY

Empezamos o resumo da xornada co partido do Boado FC e o Verín FC, un fito para o xoven Boado.

Un fermosa tarde de outono acollía o partido, moito público e dous equipos, a ilusión do Boado contra a historia do Verín, ambos tentaron dedicarlle un bo partido aos afeccionados.

O partido comezaba moi igualado con chegadas para os dous clubs, pronto o Vila despois dunha fermosa xogada individual habilitaría a Pek para conseguir o 1-0. O Boado estaba sendo moi seguro atrás e efectivo en ataque. O partido seguiu igualado ata que á media hora de xogo, onde o Verín empataría nunha xogada de estratexia e colocaría o empate no partido. Antes de chegar ao descanso, un claro penalti que o árbitro non viu a favor do Boado, sería a ultima xogada deste tempo e así chegouse ao descanso cun empate a uns.

Na segunda metade, máis do mesmo partido igualadísimo onde as defensas apenas concederon xogadas aos rivais, pero sería o Verín quen se adiantaría cun fermoso gol dende o pico da area onde Iago nada puido facer, o resto do partido seguiu marcado pola igualdade pero o marcador xa non se movería máis.

Xa viaxamos ata Allariz pa resumir o choque entre Allariz-Antela que acabaría en tablas. Bo resultado para o equipo visitante que non tivo unha semana moi doada trala renuncia ao cargo do seu entrenador Gonzalo por varios motivos, sendo a gota que colmou o vaso o partido de copa co Ponte Ourense donde foron 10 xogadores de campo e 2 porteiros.Partido moi disputado que o Allariz se adianta cun testarazo do seu dianteiro que nada pode facer a súa marca Meixeira.Logo tirarían do carro Samuel e Toni que cada un co seu gol firman o empate final.Roberto, preparador fiísico parece ser o novo entrenador do equipo limiao, desde aquí desexarlle sorte e que non cometa os fallos do ex entrenador.

Xa baixamos a segunda rexional ca sempre larga e dura saída do Piñeira a Entrimo.Comenza o partido co dominio absoluto que só se ve reflexado cun gol do extremo Adrián que adianta o seu equipo. De aí ao final do primer tempo, ocasións falladas por parte do equipo visitante por medio do propio Adrian e Rivero. Comenza a segunda parte, e o Entrimo máis por casta que xogo consegue o empate. O equipo visitante move ficha e da entrada a Ricky que non tarda en adiantar ao seu equipo aínda celebarndo case o gol. O Entrimo nun fallo garrafal da defensa volve empatar de aí ao final non se move o marcador. Salientar dende aquí que non pode haber campos donde repriman asi aos árbitros, e terán que por medidas contra os que entran ao terreo de xogo con insultos e amenazas e non e capaz de expulsar o entrenador e presidente. Esto é futbol amateur onde se vai a pasalo ben e disfrutar e non facer esas cousas.

Xa na terceira rexional salta a sorpresa ca derrota do Porqueira na súa casa ante o Lobios por 0-1. Salientar as ocasións desperdiciadas polos locais e o non pitar dous penaltis claros que se traga o árbitro do partido. Lesión do meta Patolas que esperemos quede en anécdota do partido e xa poida xogar para a semana.

O Antela B parece coller a forma e vindo de eliminar ao Piñeira na copa nun gran partido dos locais, visitaba un campo dificil o do Rocas. Alí gaña por 1-2 cun moi bo partido da xente de arriba,esta victoria xa o sitúa 4º a tiro dos postos de ascenso moita sorte para eles.

O Vilar de Barrio tiña a saída difícil a Espadana onde caeu por un 6-0 claro cun mal partido do equipo visitante.

CATEGORIAS INFERIORES LIMIÁS:

Infantís 4-1 Ourense

Ourense 5-3 Alevin A

Barbadás 2-4 Alevin B

Calasancio 4-3 Benxamin A

Benxamín B 6-3 Barbadás

Prebenxamin 0-12 Pabellón