Resumo da xornada de liga

Resumo da xornada de liga
RICKY Empezamos o resumo despois do parón do Nadal con todo un derbi Antela-Verín. Por primeira vez nesta tempada viuse un Antela con moitísimas ganas de ir polo partido,de aí o equipo visitante tiña a posesión, pero o Antela as ocasións, algunhas moi claras a cargo de Samu. O equipo local desaproveitou algunha ocasión clara que lle puido custar o partido. Pouco a pouco o terreo de xogo foise pondo impracticable e de aí á segunda parte foi un partido trabado e con algunhas ocasión que o porteiro local sacou con algún apuro. Empate xusto que o Antela non lle sirve de moito, pero deron un bo cambio de imaxe. Xa sona algún fichaxe de inverno que por agora son rumores, pero que en poucas horas se pode cerrar. O Boado visitaba o difícil campo de Monterrey, onde os esperaba o equipo que dirixe Vila e que conta con moitos xogadores desta terra. Empeza o partido e Yago esvara e deixa a pracer un gol o dianteiro local. Dominio local que dominou o partido de principio a fin. Xa en segunda, o Piñeira recibía á Merca nun campo impracticable e que foi a nota predominante do partido. O equipo local nunha xogada embarullada ponse por diante e de aí ó final dedícase a defender, ca mala sorte que na parte final do partido o equipo visitante logo dun fallo local, empata o partido. En terceira xogáronse dous derbis cunha vitoria apertada do Porqueira en Vilar de Barrio e cun empate do Antela b en Arnuid, que se descolga dos postos de ascenso,vitoria fácil en Calvos por 3-0 ante o Cidade de Orense. Categorías Inferiores: Xuvenís 2-3 Maceda Rúa 3-0 Cadetes Infantís 1-0 Chantada Alevín a 7-3 Ribeiro Alevín b 2-1 Barbadas Ourense 1-3 Benxamín A Benxamín B 8-0 Velle Ourense 1-6 Prebenxamín