Resumo da xornada

Resumo da xornada
RICKI Antela-Vilariño

Empezamos cun gris resumo do Antela-Vilariño. O equipo local chegaba a este partido con moitas e importantes baixas, polo que esperemos que fose esa a causa do seu mal partido. O conxunto limiao tivo un par de ocasións pero o Vilariño marchou cos 3 puntos da Moreira. Os goles locais metéronos Samu e Moro. Entre a alineación do Antela había 5 xogadores do filial e é aquí onde volven os problemas e dan razón da mala planificación da plantilla e do organigrama local que se ve reflexado tamén no Antela B.

Barbadás B – Boado

Ás inusuais 18h15 comezaba o partido, nun complicado campo para calquera rival, os Carrís. O Boado tiña que demostrar e afianzar a melloría mostrada na xornada anterior, e así comezou o partido.

Un Boado serio atrás, onde o alto ritmo de xogo e velocidade imposto polo equipo local era unha e outra vez detido por un Boado ben colocado no campo, onde defensivamente o equipo estivo moi ben. Así, pouco a pouco o Boado foi trenzando xogadas rápidas, pero non era capaz de finalizar até que a media hora de xogo un pase de Vila sobre Pek, que cunha fermosa vaselina bate ao garda redes local. O Barbadas chegaría algunha vez pero sen excesivo perigo, así no descanso o resultado era  0-1.

O segundo tempo foi un claro monólogo do equipo local, en canto a posesión de balón se refire, pero o Boado seguía seguro atrás, e noutra contra un bo centro de Miranda, cae nos pés de Xurxo que resolve moi ben, convertindo o marcador nun 0-2. O Boado a partir deste gol, reláxase, e faltando 15 minutos para o final o Barbadas conseguía o 1-2. O resto do encontro foi un asedio do conxunto dos Carrís sobre a portería de Iago, pero o Boado, aínda que con sufrimento, aguantou o resultado e consegue un victoria importantísima.

Na segunda rexional, o Piñeira recibía ao 3º clasificado do equipo de Kiko e Pepe Roura, este comezaba algo dubitativo pero pronto se metería no partido cando o equipo visitante se puxo por adiante. Desperta o equipo e dun gran centro remata o dianteiro local e o defensa para o tiro ca man, penalti e empate así chegan o descanso. Na segunda parte o equipo local sae ben pero paga unha falta de desconcentración que acaba con dous expulsados e cun resultado final de 3-4. E na terceira rexional, o Antela B viaxaba a Lobios con 5 xogadores no primeiro equipo. O resultado foi 3-0, e con moito que pensar logo da desbandada dos xogadores para o primeiro equipo, campo difícil para debutar 5 xuvenís.

Resultados nas categorías inferiores: Xuvenil 8-0 Velle Cadete 5-0 Cidade Orense Alevín A 2-1 Verín Alevín B 1-2 Celanova Benxamín a 3-7 Verín Benxamín b 5-3 Verín Barbadás 2-3 Prebenxamín