lunes. 20.03.2023

    O Antela FC segue pelexando por remontar a súa mala racha. Comezou o partido liderando o marcador na primeira parte co gol de Diego Pérez  no minuto 40. Con todo o CD Velle impúxose ós locais e no minuto 80 marcaron un gol que deixou un resultado final de empate 1-1. O Antela permanece así no posto 15 e suma un total de 11 puntos.

Peor día foi o do Piñeira Seca que recibiron unha goleada por parte do P.San Ciprián, que van terceiros na clasificación. O partido rematou cun 5-0 e os de Piñeira de novo non conseguiron sumar, quedan así no úlitmo posto e con tan só 4 puntos acumulados. 

Pola contra, o Boado FC logrou sumar 3 puntos vencendo por 1-0 ó CD Vilardevós e na casa. Foi un bo resultado para os da Limia que quedan así no posto 11 con 14 puntos.

O ACD A Saínza tamén gozou da vitoria na casa. Recibía ó Parada de Sil e no minuto 30, os locais marcaron un gol da man de Jose Dominguez. 1-0 foi o resultado global que permite que os da Saínza queden no posto 4 con 12 puntos. 

O Vilar de Barrio xogaba na casa contra o San Roque pero non conseguiu remontar o partido. Os locais comezaron liderando o marcador pero na segunda parte o San Roque sentenciou o partido con 2 goles. O resultado final foi 1-2 e os de Barrio quedaron nun incómodo último posto con tan só 2 puntos. 

Comentarios