Rubén Diz campión galego dos 10 km na proba celebrada en Xinzo

IMG_1975
Rubén Diz campión galego dos 10 km na proba celebrada en Xinzo

Iria Fernández, campiona galega dos 10 km, tamén na carreira celebrada en Xinzo

O atleta galego campión do mundo máster en Málaga o ano pasado e limiao de orixe, Rubén Diz (Ourense Atletismo) cun rexistro de 32:32 e Iria Fernández (ADAS Proinor) con 39.26, proclamáronse campións galegos absolutos do Campionato de Galicia de 10 km. ruta que no día de onte acolleu o concello de Xinzo de Limia.

Xunto eles estarían no podio galego José Canda (A. Arenteiro) e Javier Paredes (Burgas Ourense) na categoría masculina e Sonia Teijeiro e Victorina Losada, ambas do Burgas Ourense, na categoría feminina respectivamente.

IMG_1903

Cun día fantástico para a celebración desta proba arrincou ás 10.40 horas. O campionato disputouse conxuntamente ca Carreira Popular Xinzo de Limia.

Os gañadores no resto de categorías foron os seguintes:

 Sub20. Paula María Castro-Gil (Lucus CRG) e Diego Barros (Comesaña S.C.)

 Sub23. Aida Martínez (A. Porriño) e Alvaro Suárez (Co.do Miño)

 Senior. Begoña Domínguez (A. Arenteiro) e Antonio Teijido (Verxel N.)

 Máster35. Iria Fernández ADAS Proinor e José Canda (A.Arenteiro)

 Máster40. Ana Belén Hermida (Mochila) e Rubén Diz (Ourense Atletismo)

 Máster45. Sonia Teijeiro (Burgas A.) e José Carlos Ferreira (CAR Marisqueiro)

 Máster50. Sole Castro (Comesaña S.C.) José Manuel Fernández (ADAS Proinor)

 Máster55. Mar Barcón (Mochila) e Saturnino González (Ourense A.)

 Máster60. María Elisa Paz (Egovarros V.) e Antonio Fraga (A.Milladoiro)

 Máster65. Mª Pilar Marquiz (A. Sada) e Domingo Alvarez (Egovarros V.)