jueves. 23.03.2023

Rubén Diz convértese en sub- campión de España de Veteranos nos 10 quilómetros en ruta

Unha nova conquista deste limiao na carreira que se celebrou o pasado sábado na vila coruñesa de Padrón REDACCIÓN [email protected] Twitter: @Dendealimia O atleta...
Rubén Diz Padrón

Unha nova conquista deste limiao na carreira que se celebrou o pasado sábado na vila coruñesa de Padrón

REDACCIÓN

[email protected]

Twitter: @Dendealimia

O atleta limiao Rubén Diz conseguía a prata esta fin de semana no Campionato de España de Veteranos de 10 quilómetros en ruta, acadando así mesmo, o duodécimo lugar na categoría absoluta desta carreira que se celebrou en Padrón.

Segundo palabras do propio atleta nas redes sociais, estivo “acompañado no podio por un referente, un amigo e o meu adestrador”, unha vez completou a distancia da proba, en 31 minutos e 30 segundos. Ademais, quixo dedicarlle o “anaco de metal a todos eses mini atletas que teño que son unhas máquinas”, en referencia ás pequenas promesas do atletismo que el mesmo adestra.

Preme aquí para consultar a clasificación completa.

Rubén Diz convértese en sub- campión de España de Veteranos nos 10 quilómetros en ruta
Comentarios