A ruta en bicicleta Lagoa de Antela aprázase a marzo por mor do mal tempo

ruta
A ruta en bicicleta Lagoa de Antela aprázase a marzo por mor do mal tempo

Estaba previsto que a cita deportiva tivera lugar este domingo pola Limia

Esta fin de semana estaba previsto que se celebrara na Limia a Ourense + BTT Familiar que finalmente se aprazou debido ó mal tempo. A previsión meteorolóxica de neve e choiva para estes días foi o motivo de que se suspenda o evento que finalmente terá lugar o vindeiro 20 de marzo. Ata entón as inscricións permanecen abertas e poden formalizarse na páxina web de Bilurico Bike. Poden anotarse todas aquelas persoas que o desexen a partir de 7 anos.

As rutas de bicicleta de montaña cada día reúnen a máis afeccionados. Desta volta a organización prepara 23 quilómetros de traxecto baixo o nome de Lagoa de Antela. Os participantes desta actividade que combina deporte e turismo, pasarán polos concellos de Casas da Veiga, Rairiz de Veiga, Sandiás e Xinzo.

Duante o percorrido farán paradas estratéxicas nas areeiras de Sandiás, no río Limia e na Carballa da Rocha. Este úlitmo lugar foi o escollido polos organizadores para facer a pausa da comida.

A ruta que queda aprazada a marzo, durará unhas catro horas con saída dende Xinzo e chegada a esta misma vila.