A Ruta da Loba de Bande terá lugar esta mesma noite

Cartel
A Ruta da Loba de Bande terá lugar esta mesma noite

Moitos veciños participan nesta andaina nocturna.

Esta noite, veciños e visitantes de Bande, percorrerán os seus montes e rúas nunha andaina nocturan que recibe o nome de Ruta da Loba. A actividade, que ten un prezo de 12 € está organizada polos concellos de Lobeira e Bande, así como pola Deputación de Ourense.

Percorreranse arredor de 16 kilómetros e, ao remate, degustaranse uns pinchos no Mercado do Xurés de Bande.