A Ruta Gudín O Larouco celebrarase mañá domingo 3 de xullo e desenvolverase entre os concellos de Xinzo de Limia e Baltar.
Consiste nunha actividade de sendeirismo na que os participantes deben percorrer 15 quilómetros por puntos emblemáticos da zona.
Está organizada polo Club de Montaña As 4 Torres coa colaboración da Deputación de Ourense, Concello de Xinzo de Limia e Concello de Baltar.
HORARIO.
A proba comezará ás 9:00 horas, na Igrexa de Gudín, onde se realizará a entrega dos dorsais. A continuación está prevista a saída ás 9:30 horas dende o mesmo punto.
O percorrido estímase entre tres e catro horas aproximadamente, polo que ás 13.00 horas chegarase á meta situada na zona de despegue do parapente de Baltar. Coincidindo co OPEN IBÉRICO de Parapente FAI II.