SABADO DEPORTIVO EN XINZO

IMG_8380
SABADO DEPORTIVO EN XINZO

XIMNASIA-NATACIÓN E FUTBOL BASE

Rematou o sábado de reflexión e a tenor do visto nas gradas dos distintos pavillóns deportivos onde se celebraron as probas durante todo ó día, pouco tempo tiveron para elo. Para o que si tiveron moito tempo os país/nais/abos/aboas e algún que outro tio/a, foi de gozar das figuras acrobáticas levadas a cabo polas ximnastas que participaron dende os 5 anos no Campionato Provincial Promoción da copa Deputación 2015. As gradas do polideportivo de Xinzo quedáronse pequenas na xornada de mañá para acoller a tódolos acompañantes das ximnastas. Entre a moita xente que acudiu podemos ver ao adestrador de moda hoxe en Ourense do equipo do fútbol sala feminino As Burgas, subcampeón da liga \“Manolo Codeso\”

IMG_8421

.

O equipo de ximnastas que integraba a delegación de Xinzo contaba con máis de medio cento de ximnastas. Non sabemos nestes momentos a clasificación.

Continuou a primeira hora da tarde outra actividade, neste caso de natación, na piscina climatizada de Xinzo onde se levou a cabo unha proba de competición entre ós equipos de CHAVES,SERVIOCIO, FLAVITUR CHAVES, VERIN , ALLARIZ E XINZO. Tamén neste caso as gradas se atopaban ateigadas de acompañantes dos nadadores.

Para rematar o día deportivo no campo da Moreira a final do trofeo SEMECOR INFANTIL, no que participaron os equipos do ANTELA ; U.D. OURENSE e C.D.ARENTEIRO.IMG-20150523-WA0031IMG-20150523-WA0024