Este sábado terá lugar a primeira proba do Desafío 42

DESAFIO 2015
Este sábado terá lugar a primeira proba do Desafío 42

Unhas 800 persoas están inscritas nas probas do D3safío42 .2015

Este sábado 11 de abril, en horario matinal de 10h a 13h, terá lugar en Xinzo de Limia a primeira proba do Desafío 42. Será unha media maratón, 21 km, que discorrerá polo casco urbano e polas beiras do río Limia.

Dado o horario e o día desta carreira, dende a Policía Local de Xinzo de Limia, advirten que o tráfico permanecerá cortado nas seguintes rúas: Dous de Maio, Av. Río Limia, Río Miño, Ladeira, Toural, San Roque, Constitución, Xesús Romero Nieto e Carmen Nóvoa.