A Saínza acolle o II Trofeo Limiactiva de Orientación

CARTEL-TROFEO-LIMIACTIVA
A Saínza acolle o II Trofeo Limiactiva de Orientación

Será durante a mañá do sábado

A Asociación Deportiva Limiactiva organiza a 8ª proba da Liga Galega O-PÉ . Terá lugar en A Saínza, no concello de Rairiz de Veiga, nunha zona de paisaxes de veigas e carballeiras. CARTEL-TROFEO-LIMIACTIVA

A cita é o sábado día 10 de outubro e as inscricións xa están pechadas. Os participantes concentraranse no campo da festa de A Saínza e as 10h será a saída dos primeiros corredores. As 13.30h procederase á entrega de premios e clausura da proba. As 14h pecharase a meta.

Dende Limiactiva informan que son percorridos por zonas de bosque verdes e zonas de carballos novos. Sinalan que nas carballeiras hai unha gran cantidade de muros de terra e surcos. Outra das indicacións que dan para os participantes é que deberán evitar na medida do posible as zonas verdes e de vexetación rastreira espesa.

As persoas que formen parte desta proba terán avituallamento de líquido en carreira e na meta para tódolos percorridos.

A partir das 12.30h será a quenda dos máis pequenos. Terá lugar o Correlín, unha proba de orientación para os cativos. A inscrición farase na mañá do sábado antes das 12h.