Saldo positivo no basket neste fin de semana, seis vitorias e 5 derrotas

Sénior Feminino 2022
Saldo positivo no basket neste fin de semana, seis vitorias e 5 derrotas

Todas as ligas comezaron, e xa se xogaron 11 partidos dos 14 que correspondería.

Cabe destacar neste fin de semana a vitoria na prórroga do equipo Sénior feminino, no seu primeiro partido nesta categoría galega, gañando ao Baiona 57-53. Primeira vitoria nesta liga e primeira vitoria na súa historia na casa.

TRES DE TRES

O Júnior masculino gañaron ao Monforte, contando este equipo 3 vitorias en tres xornadas disputadas ao igual que o Infantil masculino na cancha do do Bosco de Salesianos.

OS MÁIS NOVOS TAMÉN GAÑARON

Sénior Feminino  2022
Sénior Feminino 2022

Debutaron tamén esta semana para os mini 2012 (minis de 1º ano) cun triunfo ante o equipo de Carmelitas. O mini feminino tamén gañou a domicilio no campo do Mestre Vide en Ourense. Igual que os debutantes anteriores os pre mini masculinos gañaron na cancha do Bosco Salesianos.

AS TRIPLAS NON FORON SUFICIENTES

Cunha primeira parte igualada por mor dos 8 triplas marcadas polos xogadores do Sénior Masculino, non chegaron para poder gañar ao equipo da Valenza, onde un ex Leb ouro Juan Blanco se marcho do pavillón con trinta puntos, marcaron a diferencia.

DISTINTA SORTE O RESTO DOS EQUIPOS PARTICIPANTES

Non puideron alzarse coa vitoria os equipos de Cadete masculino e feminino contra o Barco e contra o Bosco, así como os mini feminino fronte aos Maristas.

Tampouco os pre mini de liga galega debutaron con vitoria contra o Estudiantes de Pontevedra na nosa casa.

Dous xogadores da canteira na selección ourensá

Destacar que esta semana Alex Traveso e Iker Borja foron preseleccionados pola selección orensana.

A semana que ven, vai a ser tamén reducida en partidos por mor de que en Ourense o venres é festivo.