Parecía que a superioridade do A.B. Xinzo era moita, ante o Taula de Ourense ata que chegou o 4º cuarto no que os locais tan solo meteron 4 puntos fronte aos 15 dos visitantes.

Onte domingo a tarde, era outro dos días grandes do baloncesto en Xinzo. Enfrontábanse na semifinal do campionato Júnior o equipo local contra o Taula de Ourense. Todo ía por bo camiño ata que no último cuarto os xogadores locais, pese aos esforzos e as xogadas de moita espectacularidade, como se pode apreciar nas instantáneas, batían coa boa defensa do equipo visitante, anotando tan solo 4 puntos en 10 minutos, fronte aos 15 dos visitantes, co que a semifinal queda a expensas do que aconteza a semana que ven en Ourense, a onde o equipo do A.B. Xinzo, viaxa con tan solo 4 puntos de vantaxe.


