Os sendeiristas realizaron a Ruta Gudín O Larouco a pesar do mal tempo

Os sendeiristas realizaron a Ruta Gudín O Larouco a pesar do mal tempo
Tras unhas tres horas de andaina, chegaron ao punto final en Baltar.

Hoxe tivo lugar a Ruta Gudín O Larouco. Ás nove da mañá, aos sendeiristas, esperábanlles candanseus dorsais nunha carpa ao carón da igrexa de Gudín.

A saída tivo lugar a pesar da choiva e dos relámpagos. O alcalde de Baltar, animouse a realizar o percorrido con eles. Tras unhas tres horas de andaina, comezaron a chegar ao punto final os primeiros sendeiristas.

Ruta Gudín O Larouco

Esta ruta tería que rematar coincidindo co comezo do OPEN IBÉRICO de Parapente FAI II, pero debido ás condicións meteorolóxicas, tivo que ser cancelado.

Unha vez alí, puideron desfrutar das vistas. As nubes baixas non deixaban ver moito da paisaxe pero aínda así estas illaban o espazo dunha maneira digna de ver.

Ruta Gudín O Larouco

Ademais, non faltaron os pinchos, bebida e un bus de regreso ao punto de saída. Os sendeiristas comentan que se animarán á próxima vez para desfrutar da paisaxe con mellor tempo.

Ruta Gudín o larouco