De satisfactoria se pode xa definir a campaña 2022/23 para o equipo Sénior de baloncesto do A.B.Xinzo xa co conseguido, pero falta a guinda do pastel que se pode conseguir o próximo sábado no pavillón do Rias Baixas.

De gañar os de Toni Ladra ascenderían directamente, sendo a primeira vez en conseguilo e sendo adestrados tamén por primeira vez por un míster de fora da canteira do A.B. Xinzo.
O tropezo do primeiro partido de “liguilla” de ascenso na casa contra o Lemos, ao cal se lle ganaba no segundo cuarto de 20 puntos en Xinzo e perdeuse ao final. Naquel partido estivo a clave. Esa espiña pódese sacar o próximo sábado en Xinzo, sen darlle outra posibilidade na semana seguinte, pero tendo que darse moitas carambolas para conseguir o ascenso.
O partido desta tarde en Monforte contra o Lemos, foi un camiño enmoquetado para os de Xinzo, que gañaron con soltura por un contundente 37-71.