O Sénior Masculino a un partido de meterse na fase final polo título

O Sénior Masculino a un partido de meterse na fase final polo título

13 partidos disputados este fin de semana dos que se gañaron 6 e perderon 7

A primeira das vitorias, moi importante foi a do equipo Sénior masculino que superou ao COB, co que está a unha sola vitoria este sábado fronte aos alaricanos para clasificarse para a fase final polo título.

Tamén destacar a traxectoria dos equipo Júnior, masculino e feminino, no que as féminas seguen invictas con 7 partidos gañados, quedando primeiras na fase de Ourense, esperando que estes resultados continúen na seguinte fase cos tres equipos da zona de Santiago. Tamén se alzaron coa vitoria os masculinos quedando pendentes do partido deste sábado co equipo da Barco co cal se decidirá cal é o campión desta primeira fase do campionato.

Tamén os equipos masculino e feminino de premini e 2014 gañaron a os seus respectivos rivais, destacando a apretada vitoria do premini feminino ante as chicas do Mestre Vide de Ourense.

Foto de familia de todos os participantes no Baby-Basket
Foto de familia de todos os participantes no Baby-Basket

XUNTANZA BABY-BASKET

De éxito hai que cualificar a xornada de Baby-Basket que se levou a cabo na tarde do domingo no que entre xogadores e público chegaron a xuntarse no pavillón máis de cincocentas persoas.