Un só punto a sumar para os equipos limiaos de Primeira Autonómica

Antela
Un só punto a sumar para os equipos limiaos de Primeira Autonómica
O Boado caeu ante o Vilariño por 0 goles a 1 mentres que o Antela empatou a douses fronte ao...

O Boado caeu ante o Vilariño por 0 goles a 1 mentres que o Antela empatou a douses fronte ao Polígono

REDACCIÓN

No que a números se refire, non foi esta quinta xornada nin moito menos á mellor para os equipos limiaos da Primeira División Autonómica. Un empate para o Antela e a terceira derrota para o Boado foi o saldo desta fin de semana.

O Boado recibía hoxe ao Atlético Vilariño na Moreira, pero non foi quen de facerlle pé, e tocou fondo cun 0 a 1. Os laranxas non levan máis que un partido gañado desde que comezou a tempada e atesouran catro puntiños, grazas a o empate da cuarta xornada ante o Ramirás, colocándose no posto número 14. A semana que ven visitarán ao Taboadela que ocupa a segunda posición na táboa de clasificación, e que permanece invicto con 13 puntos.

Os compañeiros de concello e campo, o Antela Fútbol Club desprazáronse onte ata o Municipal do Polígono para enfrontarse ao San Cibrao. O histórico decantábase polos branquinegros, pois o seu último encontro saldárase en 2010 cunha vitoria por 1 a 2 para o Antela. Porén, e tras un partido que desde o club se cualificou de “vibrante”, o resultado final foi un empate a 2.  Os goles chegaron da man de Toni e Dani Jardón, cuxa pericia ten un valor dun punto para o conxunto limiao, que suma así 5 tantos e consegue a décima posición. O próximo reto chegará o domingo ante o líder da clasificación o Nogueira que non perdeu nin un só partido, acumulando 15 valiosos puntos.

Así está a situación o Grupo 4 da Primeira División Autonómica: