Sumando vitorias e experiencias

SENIOR masc
Sumando vitorias e experiencias
DAVID FERNÁNDEZ MARTÍNEZ Importante vitoria por 69 a 62 do equipo Senior do A.B Xinzo contra o Alaricano, que consolida ó...
DAVID FERNÁNDEZ MARTÍNEZ

Importante vitoria por 69 a 62 do equipo Senior do A.B Xinzo contra o Alaricano, que consolida ó equipo de Gonzalo na sétima praza do campionato de liga. Os compoñentes do equipo, unha vez asegurado o seu principal obxectivo como é o de permanecer un ano máis na 3ª división, seguen con fame de sumar vitorias e de seguir competindo.

O partido dos seniors, disputado na vila alaricana, foi moi duro fisicamente. Os xogadores do A.B xinzo tiveron que enfrontarse a unha defensa forte e moi cerrada na zona por falta de xogadores. O encontro foi dominado no marcador sempre polo equipo Alaricano, con diferenzas que chegaron a roldar os 10 puntos. Este dominio debíase a que o equipo de Xinzo non se encontraba cómodo no tiro, e por momentos estaban precipitados ofensivamente. En defensa, dominou a alternancia de defensas boas con despistes evidentes. Pero chegou o último cuarto. O equipo de Gonzalo, centrouse e empezaron a ser máis regulares ofensivamente e defensivamente, acadando avantaxarse no marcador, pero o partido estaba predestinado para ir á prórroga, a pesar de que Andrés recibía unha falta nos últimos instantes que quedou sen sancionar.

Dentro do tempo de prórroga, o equipo de Xinzo dominou o partido, e sumou unha nova vitoria, grazas ó final a unha decisión dos árbitros que favoreceron os intereses dos de Xinzo nunha xogada conflitiva,no acerto dos tiros libres e o acerto ofensivo.

Polo resto de equipos de categorías menores, cabe destacar a vitoria do Benxamín Feminino contra o C.B Allariz cun marcador de 27 a 42. Desta maneira o equipo de Gabriel Mandianes sumou unha vitoria máis para un equipo que o fan francamente ben.

Outro equipo de gran proxección e moito potencial, son as de Infantil Feminino. Este fin de semana as rapazas de Óscar Gómez perderon o seu partido contra Blanco Amor cun marcador de 63 a 37.

Para rematar dicir que o equipo de categoría Benxamín Mixto, case obtén a vitoria no seu partido conta o EDO Prácticas, pero os rapaces de Isa Fernández caeron derrotados por 19 a 31. Por outra banda, o equipo de Andrés Coello, o Benxamín Masculino perdeu contra o Bosco por 24 a 74.