TEMPO MORTO

aLEVIN FEMENINO

Hai xornadas inusuáis e ésta foi unha delas. Partidos suspendidos, equipos que xogaron doble, canastas rotas, falta de árbitros, viaxes con neve, ...

Catros equipos descansaron nesta fin de semana; senior masculino, alevín masculino A, alevín masculino B e o benxamín masculino. Case a metade dos xogadores do clube A. B. Xinzo colleron vacacións de Entroido. Falta lles fai.

O venres, entre a neve, desplazáronse a terras valdeorresas, os conxuntos cadete masculino e alevín feminino, costoulles, pero voltaron con sendas victorias.

O sábado pola mañá o benxamín feminino viaxou á capital para enfrentarse co EDO Mestre Vide, cal foi a sorpresa, unha canasta rota e o partido suspendido.

Sábado pola tarde tres equipos xogaron en Ourense; infantil feminino, cadete feminino e cadete masculino. Só os rapaces adestrados por David voltaron cunha nova victoria que os afianza na loita polo título.

O domingo, no noso pavillón tiñan que enfrontarse os infantís masculinos do Eidoempresa A. B. Xinzo e Carmelitas; pero o partido foi suspendido pola falta de árbitros. Un problema que ven acarrexando a Federación dende principio de tempada. Dende eiquí facemos un chamamento a tod@s @s interasad@s no deporte do baloncesto, que teñen unha saída no arbitraxe.

Tamén na mañá de Corredoiro as nenas do alevín foron a Salesianos a xogar contra o Bosco, rematando o partido con derrota.

En fin, unha fin de semana un pouco extraña, onde a cabeza da maioría está na nosa festa por excelencia. BO ENTROIDO!!!

RESULTADOS

.CADETE FEMININO

CARMELITAS (77) - EIDOEMPRESA A.B XINZO (23)

.CADETE MASCULINO

M.V. BARCO (45) - EIDOEMPRESA A.B XINZO (57)

CARMELITAS (40) - EIDOEMPRESA A.B XINZO (52)

.INFANTIL FEMININO

CARMELITAS (70) - EIDOEMPRESA A.B XINZO (41)

.ALEVÍN FEMININO

M.V BARCO (40) - EIDOEMPRESA A.B XINZO(42)

BOSCO (64) - EIDOEMPRESA A.B XINZO (14)