Temporal de resultados negativos

CADETE fem
Temporal de resultados negativos
DAVID FERNÁNDEZ MARTÍNEZ Chegou a fin de semana na que comeza o Entroido coa posta a punto do Petardazo, pero os...

DAVID FERNÁNDEZ MARTÍNEZ

Chegou a fin de semana na que comeza o Entroido coa posta a punto do Petardazo, pero os equipos do A.B Xinzo seguen cos seus compromisos competitivos. Esta foi unha semana na que non puidemos destacar pola gran colleita de resultados positivos, todo o contrario; pero unha cousa hai que destacar, que o traballo séguese facendo, e da mellor maneira posible.

Esta semana estivo marcada pola ausencia de adestramentos ó longo da semana no pavillón, por causa do tempo e das alertas, pero os diferentes equipos acudiron a cita para xogar os seus partidos na fin de semana. A xornada comezou o venres a tarde, na que se disputaba no pavillón de Xinzo o partido do benxamín mixto, que acabou coa vitoria do equipo local fronte o EDO Mestre Vide por 53 a 7. O Equipo de Isabel Fernández foi claramente superior e non tivo alternativa no xogo.

Durante a xornada do sábado a mañá, tocoulle a quenda ao benxamín masculino, que recibía a visita dun rival directo na liga como é o EDO Prácticas. Partido moi interesante porque se xogaban a segunda posición na táboa clasificatoria. O equipo de Andrés Coello xogou un partido serio, pero a vitoria caeu do lado visitante por 37 a 47. O longo do sábado a mañá o equipo adestrado por Óscar Gómez tamén xogaba como local fronte o equipo de Blanco Amor. Este partido do infantil feminino foi disputado pero acabaron caendo finalmente por 38 a 56.

Ao equipo de Luis Miguel, o alevín masculino, tocoulle desprazarse o colexio de Maristas para enfrontarse co Santa María. O partido rematou cun marcador favorable para o equipo de Xinzo de 49 a 40, mantendo así a súa boa liña de resultados.

Para continuar coa xornada do sábado, pola tarde, disputouse o encontro do equipo senior fronte ó Imprenta, equipo líder da categoría. O encontro foi duro, pero finalmente non se puido acadar a vitoria e o equipo de Xinzo caeu por 43 a 50.

Tamén pola tarde, xogou o conxunto cadete masculino, que visitaba a cancha de Blanco Amor. Os rapaces que dirixe David Fernández xogaron un partido moi serio, cun xogo por momentos moi bo, tanto en defensa como en ataque, e que só a diferenza de físico e de idade fixo que se rompera en contra do equipo de Xinzo por un marcador final de 89 a 44. Pero tamén o sábado a tarde lle tocou a quenda o infantil masculino, que visitaba o colexio de Carmelitas, os rapaces de Miguel López non tiveron resposta no partido e caeron por 1115 a 16.

Para rematar, quero destacar o equipo cadete feminino, que esta fin de semana tocoulle a difícil papeleta de xogar dous partidos, un o sábado a tarde fronte ao Blanco Amor no que colleitaron unha derrota por 64 a 22, e o outro partido tivo lugar o domingo á mañá fronte o Mobles Victoria do Barco, partido no que se lle escapou a vitoria no último suspiro por 45 a 46. Hai que destacar a coraxe das rapazas de Manolo Rodríguez, que pese as importantes ausencias, algunha por lesións, non lle perderon a cara os partido e loitaron como campioas, destacando as xogadoras Maria Rey, Carmen López e Irene no aspecto anotador, e o equipo en xeral pola loita e coraxe nos dous partidos.

A pesar dos resultados negativos, hai que destacar que se está facendo un traballo moi bo no club, e que se está indo na dirección correcta para acadar mellores resultados para a vila de Xinzo de Limia.