20 de octubre de 2019, 23:36
Baixo a chuvia e o vento os pupilos de Miguel Alonso conseguiron os tres puntos. Na primeira parte o sempre desequilibrante Rivero fixo o 1-0 nun lategazo dende a frontal. Na segunda, logo dun saque de curruncho de Carrasco Figueiredo marcou o segundo no pau longo. Cara o final, os peroxistas acortaron distancias e puxéronlle emoción aos últimos minutos. Con esta vitoria os branquinegros suben na táboa colocándose a dous puntos do segundo posto, nunha categoría na que o Verín e o Molgas sobresaen nos extremos da clasificación.