A Moreira acolle este sábado unha homenaxe en recordo de Toño Castro "o Maestro"

toñito
A Moreira acolle este sábado unha homenaxe en recordo de Toño Castro "o Maestro"

Celébrase o I Memorial Fútbol 8 Toñito Maestro

O sábado vai ser un día grande para o deporte local. O campo de A Moreira acolle o "I Memorial de Fútbol 8 Toñito Maestro". O Antela F.C quere seguir rendendo homenaxe a quen foi alma máter do club durante moitos anos.

Así, na xornada do sábado 26 de setembro, un total de 24 equipos disputarán ata 60 partidos. Os clubs que participan son o C.D Allariz, U.D Barbadás, E.D Celanova, Pabellón C.F, E.D Verín e Antela F.C. Competirán nas categorías alevín, benxamín e prebenxamín.

Os partidos van comezar ás 9.30h da mañá e rematarán ás 20h da tarde co sorteo de agasallos e a entrega de trofeos. A pausa para comer será no CEIP Rosalía de Castro. A comida corre a conta da organización que conta coa colaboración da dirección e o persoal do centro educativo, voluntarios do club e protección civil de Xinzo.

O broche final deste día vai ser un pequeno acto na memoria de Toñito Castro, ex xogador, entrenador e directivo do Antela. Tamén estarán presentes familiares do "Maestro", veciño de Xinzo e un home moi apreciado no pobo.