“Toñito Maestro” xa ten a súa estatua no campo de futbol

153
“Toñito Maestro” xa ten a súa estatua no campo de futbol

Despois de dous anos, Antonio Castro xa ten o recoñecemento en forma de estátua de pedra no lugar onde pasaba a maior parte do seu tempo

\“Este era o seu sitio\” afirmou o alcalde de Xinzo Antonio Pérez no acto que se levou a cabo no campo de futbol José A. Carrera .

Un busto en pedra de case dous metros de alto e varias toneladas de peso, deseñado e realizado polo escultor limián Xosé Lois Carreira, onde non podía faltar o escudo do seu equipo Antela.

SPORTING-ANTELA

154Como non podía ser en doutra maneira , a organización escolleu o día do enfrontamento dos equipos do Sporting de Celanova , equipo onde formou parte como xogador e o Antela, onde foi dende xogador, adestrador dos equipos de base e posteriormente delegado.

O acto acudiron afeccionados de ambalasdúas vilas, así como representantes da familia, que recibiron o afecto e o cariño, que sempre desprendía o homenaxeado, a todos aqueles que formaban parte da familia do futbol, non so local se non tamen provincial.