Toñito "Maestro" xa ten a súa estatua

IMG_20170327_115153
Toñito "Maestro" xa ten a súa estatua

Unha merecida homenaxe para que a memoria do Maestro perviva entre todos os limiáns e limiás.

Xa queda pouco para descubrir ao público o monolito homenaxe a Toññito Maestro. A presentación da estatua a este ilustre e querido limián, recentemente falecido, realizarase o vindeiro 23 de abril co gallo do partido de fútbol de 1ª División Autonómica entre o Antela F. C. e o SP. Celanova.

O monolito está deseñado e esculpido polo artista limián Xosé Lois Carreira. A Deputación de Ourense sufragou os gastos. No acto de descubrimento e homenaxe poderán participar todos os veciños e veciñas que se queiran achegar.

Unha merecida homenaxe para que a memoria do Maestro perviva entre todos os limiáns e limiás.