Un torneo 3 x 3 moi solidario

Concelleiro deportes, alcaldesa, patrocinador e responsabeis do A.B. Xinzo
Un torneo 3 x 3 moi solidario
Deporte e solidariedade danse a man en Xinzo de Limia para reunir media tonelada de alimentos para os máis necesitados
Solidariedade e deporte déronse a man no torneo 3x3 organizado este Nadal pola Asociación Baloncesto Xinzo en colaboración co Concello. A iniciativa desenvolveuse durante dez horas, con 65 partidos nos que participaron 24 equipos e conseguiuse reunir media tonelada de alimentos entre os inscritos, os veciños e veciñas e o comercio local. Destinaranse ao Banco de Alimentos Municipal que xestiona a Concellería de Servizos Sociais. A poboación de Xinzo de Limia volveuse a unir nestas datas para axudar aos máis necesitados. Foron moitas as persoas que quixeron poñer o seu gran de area neste evento deportivo que se converteu nunha gran cita para o deporte da canastra na comarca da Limia