O torneo de natación de Xinzo contou con máis de 100 participantes

natación
O torneo de natación de Xinzo contou con máis de 100 participantes

A piscina climatizada de Xinzo acolleu un torneo de natación que se celebrou na mañá do sábado. Máis de 100 nenos e nenas participaron nas probas de natación.

natacion2

As rapazas e rapaces de Xinzo foron os encargados de inaugurar a proba deportiva.

natacion3

De seguido foi o turno do equipo de Verín, o de Chaves terceiro, Flavitus cuarto e Allariz quinto.

Ó remate entregóuselle unha medalla a cada un dos participantes e un trofeo.

Os prebenxamíns e benxamíns competiron en series de 25m. Os alevíns e infantís en series de 50 m.

Como final da xornada celebrouse unha proba de 8 x 25 en relevos.