lunes 25/10/21

O torneo de tenis festas 2016 xa ten gañador

Chámase Edgar Salvador

finalistas torneo tenis 2016.2

CATRO SEMIMIFINALISTAS CON  "CERTAS" COINCIDENCIAS

A final chegaron catro tenistas cunha simpática semellanza. A idade de un deles era a mesma que a suma da dos outros tres finalistas xuntos. Tres deles mozos de 19,19, e 17 anos, dos cales como non podía ser menos un deles foi o gañador. O que ninguén esperaba era que a final fose non entre  dous mozos, se non entre o “avó” e un deles.

finalistas torneo tenis 2016.1A final estivo pouco igualada e Edgar alzouse co título de campión sendo  subcampión o recoñecido tenista da limia a nivel afeccionado Xe, que con estea edición leva participando tantas veces como edicións ten o torneo.

Parabéns para  o gañador e loxicamente o subcampión  e finalistas.

A festa de celebración rematou en Morgade , con outra partida da que  a estas horas, non hai constancia do resultado final…

Comentarios