O turrón e os mazapáns fixeron efecto negativo nos equipos de basket do A.B.Xinzo.
Solo 4 vitorias de 10 encontros disputados.
O primeiro en gañar foron os do Júnior Masculino fronte ao Lemos e tamén os infantís masculinos que seguen invictos nesta tempada, gañando este último partido ante os de Allariz.
Os outros dous equipos que tamén se alzaron coa vitoria foron os Pre-mini do 2013 e 2014.
PARTE NEGATIVA

Nesta cruz da moeda estiveron os Sénior Masculino que perderon co equipo da Valenzá por tan solo 2 puntos. Recordar que o equipo de Ourense está invicto este ano, sendo o primeiro clasificado.
O mesmo camiño levaron as Sénior femininas que perderon contra o Depordima na tarde do domingo en Xinzo. Os mesmos resultados negativos tiveron os Cadete masculino, Preinfantil feminino , Mini feminino e Mini 2012.
AS JÚNIOR FEMININAS PRIMEIRAS CLASIFICADAS, SEN XOGAR
Esta semana tocáballe ás Júnior femininas descansar, pero despois de rematar os partidos das rivais o equipo de Xinzo clasificáronse primeiras do grupo de Ourense, tendo que enfrontarse agora aos tres primeiros clasificados da zona de Santiago.